Como seguramente xa saberades polas noticias, os xornais, as revistas, a radio e todos os medios de comunicación, o pasado 13 Novembro de 2015 tivo lugar en París un atentado executado polo grupo terrorista ISIS. Neste atentado resultaron feridas 415 persoas e 135 mortos pola culpa de tres tiroteos: O primeiro produciuse no restaurante Petit Cambodge no décimo distrito de París, con catro mortos; o segundo no teatro Bataclán no undécimo distrito da cidade, con polo menos cen rehenes; e o terceiro nunha brasserie preto do Estadio de Francia deixando arredor de dez mortos ou feridos.
O presidente da República, François Hollande, encontrábase no palco do Estadio co ministro de Exteriores alemán, Frank-Walter Steinmeier para ver un partido amistoso cando se produciu a traxedia. Hollande e Steinmeier foron evacuados polo persoal de seguridade do lugar.
O yihadista belga, Abdelhamid Abaaoud, foi identificado case inmediatamente como inspirador e cordinador do atentado. Devandito morreo abatido no asalto de Saint-Denis o 18 de novembro.
No noso centro, como en calquer outro lugar, podemos encontrar diferentes opinións. A pesar de que cada un ve as cousas dunha maneira, Amondine, a nosa lectora francesa, countounos a súa experencia durante o Atentado dende o seu punto de vista.
Según o que nos contou, ela chegara a súa casa cando comenzaron as noticias sobre os atentados en Bruxelas. Parte da súa familia ía ir xusto ese fin de semá para alí a un concerto, ela chamounos y dixolles que non marcharan de Quimper, a súa cidade natal. Pasou toda a noite conectada a Facebook revisando as novas noticias por si sucedera algo máis. Temendo a que houbera outros acontecementos pasou toda a noite en vela esperando que todo se aclarase. Ela, ademáis, tiña amigos por esa zona e único que quería era estar en contacto con eles para saber se estaban ben. Dende o seu punto de mira, pareceulle moi bonito recibir tanto apoio cara Francia despois dos atentados, mais cree que isto, coma sucede en París, tamén sucede cada día noutros países e que non reciben tanto apoio. É inxusto para os demais países que só se tomen medidad cando sucede un atentado se é nunha gran cidade ou nun país recoñecido mundialmente.
Por outro lado, poidemos tamén contar co punto de vista de dous rapaces musulmáns. Estes rapaces, Ader e Imad, opinan o igual ca nosa querida profesora, que debaríase axudar tamén a eses países que sufren ditos bombardeos todolos días e que a diferencia de Bruxelas, non recibe axuda algunha. Pareceulles unha salvaxada que fixeron en París, así como noutros lugares, e non están de acordo con esa forma de solucionar as cousas. Pero consideran, como xa foi dito antes, " TODOS OS PAÍSES DEBERÍAN DE GOZAR DAS VENTAXAS DE SER UN PAÍS RECONOCIDO" .
No hay comentarios:
Publicar un comentario