jueves, 3 de marzo de 2016

7N, A MARCHA VIOLETA


O pasado 7 de Novembro de 2015, tivo lugar en Madrid unha manifestación contra a violencia machista, esa gran lacra que so nese ano deixou 64 mortas a mans das súas parellas ou exparellas.
Esta manifestación busca remover conciencias e intentar acabar coa (inxusta) violencia cara a muller, so por selo.
A MARCHA 
 
Vista xeral da marcha

Como xa dixen ao principio, a marcha tivo lugar en Madrid. A ela acudiron moitísimas mulleres, e chamou moito a atención a presenza masculina, que instou a que se escoitase mais as súas compañeiras que a eles. A marcha transcurriu xenial, e deixou moitísimas fotos inolvidables, como istas:





PROBLEMAS (TAMÉN CHAMADOS VOX)

Pero non todos comportáronse tan ben como se esperaría, e como di o saber popular, "Hai días tontos, e tontos todo-los días". E cando se trata de ser tontos e irrespectuosos, os militantes de VOX lévanse a palma. E preguntarédesvos o porqué. Pois moi simple; non se lles ocorre mellor idea que, mentres Ángela González, cuio ex-marido asesinou á fiilla de ambos nun réximen de visitas sin supervisión, leeu o manifesto antes de comenzar o recorrido. Durante a lectura de González, arroupada por todos os asistentes, varios integrantes da formación política Vox sacaron unhas pancartas cos lemas "ni machismo ni feminismo" o "a violencia no ten xénero", que suscitou unha reacción automática das persoas que estaban o arredor. E non é para menos, xa que van con argumentos erróneos a provocar. Porque si, os seus argumentos están errados. Obvio que a violencia non ten xénero, pero non neste ámbito. Neste contexto sí ten xénero, xa que por mor do noso sistema sociopolítico e económico (Patriarcado), sempre brindanse ventaxas e privilexios ao home, facendo da muller un ser inferior. Con isto non estou dicindo que non haxa agresións a homes, que si, hainas, pero son pouquísimas en comparación, e non é por mor do xénero da persona. Solo que estas agresións son denominadas violencia doméstica, non de xenero, e son castigables tamén.